Categorías
Uncategorized

Aurora sobre as nubes

Créditos da imaxe e Copyright: Daniele Boffelli

Explicación: Normalmente as auroras acontencia moi por riba das nubes. O resplandor da aurora créase cuando partículas de rápido movemento expulsadas dende o Sol impactan a magnetosfera da Terra, desde onde as partículas cargadas xiran en espiral ó longo do campo magnético da Terra ata golpear átomos e moléculas no alto da atmósfera da Terra. Un átomo de osíxeno, por exemplo, brillará coa luz verde que comunmente é emitada pola aurora despois de enerxizarse pola colisión. A parte máis baixa da aurora ocorrerá típicamente a uns 100 quilómetros de altitude, mentras que a maioría das nubes existen só por baixo dos 10 quilómetros. As alturas relativas das nubes e as auroras amósanse na imaxe destacada en 2015 dende DyrholaeyIslandia. Alí, un astrofotógrafo con determinación aturou os fortes ventos e os ceos inicialmente toldados nun intento de capturar a aurora sobre un pinturesco faro, só para tomar, por casualidade, a imaxe destacada incluíndo nubes lenticularesó longo do camiño.