Categorías
Uncategorized

Po lunar e cinta adhesiva

Créditos da imaxe: Apollo 17NASA

Explicción: Por qué é a Lúa poirenta? Na Terra, as rochas son erosionadas polo vento e a auga, creando o chan e area. Na Lúa, a larga historia de bombardeos de micrometeoritos desgastou a superficie rochosa creando unha capa  de chan lunar ou regolito. Para os astronautas do Apollo e os seus aparellos, o po fino e areoso era definitivamente un problema. Sobre a superficie lunar en decembro de 1972, os astronautas do Apollo 17  Harrison Schmitt e Eugene Cernan necesitaron arranxar un dos gardalamas do seu rover lunar nun esforzo para manter as “colas de galos” do po afastadas de sí mesmos e dos seus equipamentos. Esta imaxe amosa a roda e o su gardalamas cubertos de po xunto coa inxeniosa aplicación de mapas de reposto, abrazaderias e unha tira gris de cinta adhesiva.