Categorías
Uncategorized

Eclipse total de Lúa dende Sidney

Créditos da imaxe e CopyrightPeter Ward (Barden Ridge Observatory)

Explicación: A sombra avermellada do planeta Terra xoga a través do disco lunar nesta imaxe telescópica tomada o 26 de maio preto de Sydney, Nova Gales do Sur, Australia. Nesta noute nítida e clara unha Lúa Chea no perixeo deslizouse a través do extremo norte da escura umbra central da sombra. Breve para un eclipse lunar, a súa fase total durou só uns 14 minutos. Non obstante, a sombra da Terra non era completamente oscura. No canto, estaba bañada cunha feble luz vermella a partires de todos os solpores e menceres do planeta vistos dende a perspectiva dunha Lúa eclipsada, a luz avermellada do Sol dispeersada pola atmósfera da Terra. A composicón HDR de seis exposicións tamén amosa a amplio rango de variacións de brillo dentro da sombra umbral da Terra contra un feble fondo de estrelas.