Categorías
Uncategorized

Medio eclipse e a Vía Láctea

Crédito da imaxe e CopyrightJohn Kraus

Explicación: o perixeo da Lúa Chea durante o mes de maio cruzouse na sombra da Terra onte servindo de entretenemento para astrónomos nocturnos en rexións do Pacífico. Visto dende o oeste de Norteamérica, a Lúa afúndese cara a montaña de Sierra Nevada nesta secuencia en time-lapse da eclipse lunar total. Baixa sobre o horizonte oeste, a Lúa capturouse durante a metade da eclipse con dúas exposicións separadas. Combinadas, revelan á Lúa eclipsada con cores vermellas contra o ceo nocturno escuro e a luz difusa das estrelas da Vía Láctea. Os fotogramas foron feitos cada 5 minutos dende unha cámara fixa seguindo a evolución das fases da eclipse. En primeiro plano, o prato do radiotelescopio do Radioobservatorio de Owens Vallye en California apunta cara o ceo.