Categorías
Uncategorized

A Lúa durante unha eclipse lunar total

Crédito do video: Wang Letian e Zhang Jiajie

Explicación: como cambia a apariencia da Lúa durante un eclipse lunar total? Este video time-lapse procesouse dixitalmente para manter o brillo da Lúa e centrala durante a eclipse de 5 horas do 31 de xaneiro de 2018. No primeiro momento a Lúa chea é visible por que só nunha Lúa chea pode acontencer unha eclipse lunar. As estrelas móvense no fondo por que a Lúa orbita á Terra durante a eclipse. Nese momento, a sombra circular da Terra aparece movéndose a través da Lúa. O ton azulado da luz no borde da sombra está relacionado co ceo azul da Terra mentres que o ton vermello do centro da sombra está relacionado con por que o Sol vese vermello cando está próximo ao horizonte. Mañá, a xente que vive no sudeste asiático, no Pacífico e no suroeste de América teñen a posibilidade de ver unha Superlúa de Sangue, unha eclipse lunar total. Aquí o término sangue refírese á cor (probablemente) da Lúa completamente eclipsada, mentres que o termo superlúa indica que a Lúa terá un tamaño angular lixeiramente superior debido á súa relativa proximidade á Terra durante a súa órbita lixeiramente elíptica.  

Categorías
Uncategorized

Eclipse de lóstregos dende o Planeta das Cabras

Créditos da imaxe e Copyright: Chris Kotsiopoulos (GreekSky)

Explicación: As tormentas eléctricas casi estragaron esta vista do espectacular eclipse de lúa total do 15 de xuño do 2011. En cambio, as nubes de tormenta apartáronse 10 minutos durante a fase total do eclipse e os lóstregos contribuiron ó dramático ceo. Capturada nunha expsición de 30 segundos a escea tamén inspirou un dos mais memorables títulos (gracias ó astrofotógrafo) nos 25 anos de historia ata o de agora do APOD. Por suposto, a referencia ó lóstrego claramente ten sentido, e o xogo de sombras do oscuro eclipse lunar foi amplamente visible ó longo do planeta Terra en Europa, África, Asia e Australia. A imaxe por sí mesma, así e todo, fíxose dende a illa grega de Ikaria, en Pezi. Esa área é coñecida coma “o planeta das cabras” polo escarpado terreo e as rochas de aspecto extraño. O seguinte eclipse lunar total acontecerá o mércores.