Categorías
Uncategorized

Utopía en Marte

Créditos da imaxe: NASAThe Viking Project, M. Dale-Bannister (Washington University)

Explicación: A expansiva Utopia Planitia en Marte está sembrada de rochas e cantos rodados nesta imaxe de 1976. Construida a partires dos datos de imaxe en branco e negro e en cor do módulo de aterraxe Viking 2, a escea aproxímase á experiencia da chaira marciana do norte para o ollo humano. A escala, a prominente rocha redondeada preto do centro ten uns 20 centrímetros (pouco menos de 8 polgadas) de diámetro. Máis lonxo no parte dereita do marco, a rocha angular escura espállase uns 1.5 metros (5 pes). Tamén se ven dúas trincheiras excavadas polo brazo de toma de mostras do aterrador, a cuberta protectura exectada que cubría a cabeza do recolledor de mostrar, e unha das patas do aterrador cubertas de po na parte inferior dereita. O 14 de Maio, o rover chino Zhurong Mars posouse con éxito en Marte e devolvou as primeiras imaxes do seu lugar de aterraxe en Utopia Planitia.