Categorías
Uncategorized

M13: o Gran Cúmulo Globular en Hércules

Crédito da imaxe e Copyright:Martin Dufour

Explicación: En 1716 o astrónomo inglés Edmond Halley anotou: “é como un pequeno parche, amósase ao ollo ceibe cando o ceo está tranquilo e a Lúa ausente”. Por suposto, M13 é agora menos modestamente recoñecida como o Gran Cúmulo Globular en Hércules, un dos cúmulos estelares máis brillantes dos ceos do norte. Esta nítida imaxe de telescopio revela o espectacular cúmulo de centos de miles de estrelas. A unha distancia de 25 000 anos luz, as estrelas do cúmulo poboan unha rexión de 150 anos luz de diámetro. Achegándose ao núcleo do cúmulo máis de 100 estrelas poden atoparse nun cubo de tan só 3 anos luz de lado. Como comparativa, a estrela máis próxima ao Sol atópase a máis de 4 anos luz de distancia. A evolución do brillo tan acentuada capturada nesta imaxen amosa estrelas dese denso núcleo cumular. O distante fondo de galaxias nesta vista de media amplitude de campo inclúe a NGC 6207 abaixo á dereita.