Categorías
Uncategorized

Marte e a Augamar

Crédito da imaxe e Copyright:Jason Guenzel

Explicación: normalmente feble e esquiva, a Nebulosa da Augamar protagoniza esta fermosa escena. Nesta vista co telescopio son visibles dúas estrelas amarelentas, Mu e Eta Geminorum, xusto enriba e debaixo da Nebulosa da Augamar á esqueda. As xigantes vermellas frías atópanse aos pés dos xemelgos celestiais. A Nebulosa da Augamar atópase flotando abaixo e á esquerda do centro da imaxe, formando un arco brillante de emisión con tentáculos trémulos. De feito, a augamar cósmica é parte do remanente da supernova con forma de burbulla IC 443, unha nube de restos en expansión dunha estrela masiva que estoupou. A luz do estoupido acadou a Terra fai 30 000 anos. Como o seu curmán en augas astrofísicas, a Nebulosa do Cangrexo, tamén un remanente de supernova, sábese que contén unha estrela de neutróns, o recordo dun núcleo estelar colapsado. Composta o 30 de abril, esta imaxe telescópica tamén captura Marte. Agora desprázandose a través dos ceos do solpor, o Planeta Vermello tamén brilla cun ton amarelento á dereita do campo de visión. Por suposto, a Nebulosa da Augamar atópase a uns 5 000 anos luz mentres que Marte atópase actualmente a 18 minutos luz da Terra.