Categorías
Uncategorized

Chorros dende a Nebulosa do Colar

Créditos da imaxe: ESAHubbleNASAProcesado: K. Noll

Explicación: que corpo celestial leva a Nebulosa do Colar? En primeiro lugar, as análises indican que a Nebulosa do Colar é unha nebulosa planetaria, unha nube de gas expelido por unha estrela ao final da súa vida. Tamén, o que semellan ser diamantes no Colar son realmente nós brillantes de gas. No centro da Nebulosa do Colar atópanse probablemente dúas estrelas orbitando moi próximas a unha da outra de xeito que comparten unha atmosfera común e semellan unha soa estrela nesta imaxe do Telescopio Espacial Hubble. A brillo vermello das nubes de gas na parte superior esquerda e inferior dereita son o resultado dos chorros que emanan do centro. Exactamente cando e onde os chorros foron formados é un tema de estudo. A Nebulosa do Colar tan só tem uns 5 000 anos de antigüedade, espállase uns 5 anos luz e pode atoporse cun gran telescopio cara a dirección da Constelación da Frecha (Sagitta).