Categorías
Uncategorized

NGC 4565: Galaxia de esguello

Créditos da imaxe e CopyrightCFHTCoelumMegaCamJ.-C. Cuillandre (CFHT) & G. A. Anselmi (Coelum)

Explicación: É a nosa Galaxia Vía Láctea así de fina? A magnífica galaxia espiral NGC 4565 vese de perfil dende o plantea Terra. Tamén coñecida como Galaxia da Agulla polo seu perfil estreito, a brillante NGC 4565 é parada obrigatoria en moitas observacións telescópicas do hemisferio norte, na débil pero xeitosa constelación de Coma BerenicesEsta nítida e colorida imaxe revela o abultado e encaixado núcleo central da galaxia espiral cortado por escuras liñas de po que escurecen o delgado plano galáctico de NGC 4565. Un surtido de outras galaxias de fondo inclúese no precioso campo de vista. A pesares de ser similar en forma á nosa propia Galaxia Vía Láctea, NGC 4565 atópase a uns 50 millóns de anos luz e abrangue uns 100.000 anos luz. Fácilmente visible con pequenos telescopios, os afeccionados ó ceo consideran que NGC 4565 é unha obra mestra celestial que Messier pasou por alto.