Categorías
Uncategorized

NGC 602 e máis aló

Créditos da imaxe: NASAESA, e colaboración entre Hubble Heritage Team (STScI/AURA) – ESA/Hubble

Explicación: As nubes poden semellar unha ostra, e as estrelas perlas, pero mira más aló. Preto dos arredores da Pequena Nube de Magallanes, a galaxia satélite a unhs 200 mil anos luz de distancia, atópase o novo cúmulo estelar NGC 602, de 5 millóns de anos. Arrodeado polo po e gas natal, NGC 602 destácase nesta impresionante imaxe do Hubble da rexión. As fantásticas crestas e as formas barridas cara atrás suxiren fortemente que a radiación enerxética e as ondas de choque dende as novas e masivas estrelas de NGC 602 erosionaron o material poirento e desencadearon unha progresiva formación de estrelas que se alonxa do núcleo de cúmulo. Á distancia estimada da Pequena Nube de Magallanes,  a imaxe destacada espállase uns 200 anos luz, spans about 200 light-years, pero unha tentadora variedade de galaxias de fondo tamén é visisble nesta nítida vista multi-coloreada. As galaxias do fondo están a centos de millóns de quilómetros, ou mais, máis aló de NGC 602.