Categorías
Uncategorized

O cantil do Sur da Lagoa

Créditos da imaxe: Julia I. Arias and Rodolfo H. Barba’ (Dept. Fisica, Univ. de La Serena), ICATE-CONICETGemini Observatory/AURA

Explicación: Unhas ondulantes e brillantes crestas e unhas poirentas nubes cruzan este primeiro plano da cercana rexión de formación de estrelas M8, tamén coñecida como a Nebulosa da Lagoa. A nítida composición en falsa cor de datos de banda estreita visible e bancha ancha no infravermello cercano do Telescopio Gemini Sur de 8 metros, espalla a vista completa ó longo duns 20 anos luz a través dunha rexión de nebulosas, ás veces chamada o Cantil do Sur. A imaxe de alto detalle explora a asociación de moitas estrelas recén nacidas incrustadas nas puntas das nubes de borde brillante e os obxectos Herbig-Haro. Abundantes nas rexións de formación de estrelas, os obxectos Herbig-Haro prodúcense cando os poderosos chorros emitidos polas estrelas novas en proceso de formación quentan as nubes de gas e po que as rodean. A Lagoa cósmica atópase a uns 5.000 anos luz de distancia cara a constelación do Seteiro (Sagittarius) e o centro da nosa Galaxia Vía Láctea. (Para a súa localización e escala, revisa esta imaxe que superpón o primeiro plano do Cantil do Sur coa máis grande Nebulosa da Lagoa. A imaxe a escala é cortesíá de R. Barba’.)