Categorías
Uncategorized

M104: A Galaxia do Sombreiro

Créditos da imaxe e Copyright: Bray Falls

Explicación: Unha magnífica galaxia espiral, M104 é famosa polo seu perfil casi de esguello destacando un amplo anel de oscuras liñas de po. Vista en silueta contra unha extensa protuberancia central de estrelas, a franxa de po cósmico confírelle á galaxia unha apariencia de sombreiro de aba ancha suxerindo un alcume máis popular, Galaxia do Sombreiro. Esta nítida vista óptica da coñecida galaxia feita a partires de datos de imaxes terrestres procesouse para preservar os detalles habitualmente perdidos no abrumador resplandor da brillante protuberancia central de M104. Tamén coñecida como NGC 4594, a Galaxia do Sombreiro pode verse ó longo de todo o espectro, e alberga un buraco negro supermasivo central. Duns 50.000 anos luz de diámetro, e a 28 millóns de anos luz de distancia, M104 é unhas das galaxias máis grandes no borde sur do Cúmulo de Galaxias de Virgo. Así e todo, as coloridas e picudas estrelas do primeiro plano neste campo de visión atópanse na nosa propia Galaxia Vía Láctea.