Categorías
Uncategorized

O Cometa, a Balea e o Pao de hóckey

Créditos da imaxe e Copyright:Grand Mesa ObservatoryTerry Hancock / Tom Masterson

Explicación: co seu máximo achegamento ao Sol o 1 de marzo e co seu máximo achegamento á Terra o 23 de abril, o Cometa ATLAS (C/2020 R4) amosa un feble ton verdoso na coma e na súa corta cola nesta bonita vista co telescopio. Capturado o 5 de maio, o cometa atopábase nas límites da constelación de Canes Venatici, e preto da liña de visión do intrigante fondo de galaxias popularmente coñecido como a Balea e o Pao de hóckey. Con apariencia de cetáceo pero co tamaño da Vía Láctea, NGC 4631 é unha galaxia espiral vista nesta imaxe na marxe da foto arriba á dereita, a uns 25 millóns de anos luz. NGC 4656/7 amosa a forma curvada das galaxias en interacción visibles abaixo á esqueda ao lado de NGC 4631. De feito, as distorsións e trazas de gas detectadas noutras lonxitudes de onda suxiren que a Balea e o Pao de hóckey cósmicos tiveron un encontro próximo un co outro nun pasado distante. En traxectoria de saída e a tan só 7 minutos luz da Terra, o cometa ATLAS volverá de visita ao Sistema Solar interior en menos de 1000 anos.