Categorías
Uncategorized

Un meteoro e o Gegenschein

Crédito da imaxe: J.C. CasadoStarryEarthEELabsTWAN

Explanation: é o ceo nocturno máis escuro na dirección oposta ao Sol? Non. De feito, unha feble luz dificilmente discernible coñecida como gegenschein (a palabra en alemán para contraluz) pode verse a 180 graos do Sol incluso nunha noite extremadamente escura. O gegenschein é a luz solar dispersada de volta polas partículas de po interplanetario. Estas partículas de po teñen un tamaño de milímetros e son pequenos anacos de asteroides que orbitan o Sol no plano da eclíptica xunto aos planetas. Fotogrado aquí nesta imaxe tomada o pasado marzo, trátase dunha das imaxes máis espectaculares tomadas do gegenschein. A exposición profunda no extraordinario ceo escuro sobre o Observatorio do Teide nas Illas Canarias amosan o gegenschein como unha extensión da luz zodiacal. O destacado fondo da imaxe inclúe un brillante meteoro á esqueda, o Setestrelo arriba á esquerda e a Estrela Polar á dereita. O meteoro case apunta cara o Monte Teide, a montaña máis alta de España, mentres o laboratorio solar de forma piramidal aparece no lado dereito. Durante o día, un fenómeno como o gegenschein chamado Heiligenschein  ou halo é visible ás veces no reflexo do Sol no aire ou nas nubes cando viaxamos en avión.