Categorías
Uncategorized

Lóstregos e Orión tras Uluru

Crédito da imaxe e Copyright: Park Liu

Explicación: que sucede atrás de Uluru? Uluru, lugar Patrimonio da Humanidade é unha extraordinaria montaña de 350 metros de altura en Australia central que se eleva abruptamente dende unha chaira. Composta de arenito, Uluru formouse lentamente durante os últimos 300 millóns de anos mentres e erosión eliminaba a rocha máis branda. No fondo da imaxe amosada tomada a mediados de maio, é visible unha violenta treboada. Máis alá de Uluru e da treboada destaca nun ceo cheo de estrelas a constelación de Orión. A rexión de Uluru foi o fogar de humanos durante máis de 22 000 anos. Os indíxenas locais notaron que cando as estrelas que conforman a actual constelación de Orión aparecían no ceo nocturno por primeira vez indicaba que a estación cálida e as treboadas estábanse achegando.