Categorías
Uncategorized

Os cúmulos estelares M35 e NGC 2158

Créditos da imaxe e CopyrightCFHTCoelumMegaCamJ.-C. Cuillandre (CFHT) & G. A. Anselmi (Coelum)

Explicación: Os cúmulos estelares poden estar cerca ou lonxe, ser novos ou vellos, difusos ou compactos. A imaxe destacada amosa dous cúmulos estelares abertos bastante contrastados no mesmo campo. M35, na parte inferior esquerda, está relativamente próximo a 2.800 anos luz distant, é relativamente novo con 150 millóns de anos, e relativamente difuso, cunhas 2.500 estrelas espalladas sobre un volume de 30 anos luz de diámetro. As estrelas azuis brillantes frecuentemente caracterizan ós cúmulos abertos novos coma M35. En contraste, NGC 2158, na parte superior dereita, está catro veces máis distante que M35, máis de 10 veces máis vello, e é moito máis compacto. As estrelas azuis máis brillantes de NGC 2158’s autodestruíronse, deixando que a iluminación do cúmulo esté dominada polas estrelas máis vellas e amareladas. Polo xeral, os cúmulos estelares abertos atópanse no plano da nosa Galaxia Vía Láctea, e conteñen entre 100 e 10.000 estrelas, todas elas formadas aproximadamente ó mesmo tempo. Ambos cúmulos abertos, M35 e NGC 2158, poden atoparse xuntos cun pequeno telescopio apuntando cara a constelación dos xemelgos (Gemini).