Categorías
Uncategorized

As nebulosas da Cabeza de Cabalo e de Orión

Créditos da imaxe e Copyright: Roberto Colombari e Federico Pelliccia

Explicación: A escura Nebulosa Cabeza de Cabalo e a brillante Nebulosa de Orión son vistas cósmicas en contraste. Á deriva a 1.500 anos luz nunha das  constelacións máis recoñecibles do ceo nocturno, aparecen en esquinas opostas do impresionante mosaico superior. A familiar nebulosa Cabeza de Cabalo aparece coma unha nube escura, unha pequena silueta marcada contra o gran brillo vermello na parte inferior esquerda. Alnitak é a estrela maís ó leste no Cinto de Orión e vese como a estrela máis brillante á esquerda da Cabeza de Cabalo. Baixo Alnitak atópase a Nebulosa da Flama, con nubes de brillante emisión e dramáticos carrís de escuro po. A magnífica rexión de emisión, a Nebulosa de Orión (tamén coñecida como M42), atópase na parte superior dereita. Inmediatamente á súa esquerda está a prominente nebulosa de reflexión ás veces chamada do Corredor. Aros omnipresentes de gas hidróxeno incasdescente poden ser fácilmente distinguidos en tódala rexión.