Categorías
Uncategorized

Paisaxe profunda en Yacoraite

Créditos da imaxe e Copyright: Franco Meconi

Explicación: Nesta evocativa escena nocturna unha poirenta Vía Láctea central elévase sobre o antigo xacemento arqueolóxco andino de Yacoraite no noroeste de Arxentina. Os habitantes do planeta Terra alcanzando o ceo son os grandes cactus saguaro arxentinos, actualmente nativos da rexión árida. A inusual nebulosa de reflexión que aparece arriba é creada polo po que dispersa a luz das estrelas arredor da estrela xigante vermella Antares. Estrela alpha da constelación de Escorpio, Antares está a mais de 500 anos luz de distancia. Ó seu lado, a brillante de cor azul Rho Ophiuchi, está incrustada nunha nebulosa de reflexión azulada máis típica. A paisaxe de ceo profundo creouse a partires dunha serie de exposicións do fondo das estrelas nacentes mediante seguemento do ceo, e unha exposición do primeiro plano da paisaxe feita coa cámara e a lente fixada sobre o trípode. A súa combinación produce unha imaxe fascinante única e revela un rango de brillo e color que os teus ollos non poden percibir por sí mismos.