Categorías
Uncategorized

Lanzamento do Mercury-Redstone 3

Crédito da imaxe: NASA

Explicación: Fai sesenta anos, preto dos inicios da época espacial, os controladores da NASA “prenderon a vela” e enviaron ó astronauta do proxecto Mercurio Alan Shepard ó espacio a bordo dun foguete. A súa estreita capsula espacial foi bautizada como Freedom 7 (Liberdade 7). Retransmitida en directo a unha audiencia televisiva mundial, a histórica nave Mercury-Redstone 3 (MR-3) lanzouse dende Cabo Cañaveral, Florida, ás 9:34 a.m. ET (Eastern Time) do 5 de maio de 1961. O voo do Freedom 7, o primeiro voo espacial dun estadounidense, menos dun mes despois da primeria incursión humana no espacio do cosmonauta soviético Yuri Gagarin. O voo suborbital de 15 minutos acadou unha altitude de 116 millas (186,7 km) e unha velocidade máxima de 5.134 millas por hora (8.262 kmh) . Cando Shepard mirou cara atrás, preto do pico da traxectoria do Freedom 7, puido ver os límites da costa oeste de Florida, o lago Okeechobe en Florida central, o Golfo de México, e as Bahamas. Shepard máis tarde vería o planeta Terra dende unha perspectiva máis lonxana e camiñaría sobre a Lúa como comandante misión do Apollo 14.