Categorías
Uncategorized

NGC 3199 levada polo vento

Crédito da imaxe e CopyrightMike SelbyRoberto Colombari

Explicación: NGC 3199 é unha brillante nube cósmica ubicada a uns 12 000 anos luz da Terra na dirección da constelación de Carina. A nebulosa abrangue uns 75 anos luz nesta imaxe de banda estreita en falsa cor. Aínda que a imaxe profunda amosa unha forma de burbulla, semella ter unha forma máis alongada debido ao brillo da parte superior. Próxima ao centro atópase unha estrela masiva, quente e de corta vida coñecidas como tipo Wold-Rayet, que xenera intensos ventos estelares. De feito, as estrelas Wolf-Rayet son coñecidas por crear nebulosas con formas interesantes cando os seus ventos arrastran o material interestelar do redor. Neste caso, a zona brillante pensábase que fora creada pola fronte de choque producida a medida que a estrela pasaba a través do medio uniforme como un bote atravesando a auga. Pero medicións amosan que a estrela non se atopa en movemento cara o borde brillante. Así que a explicación máis probable é que o material ao redor da estrela non é uniforme e é algo máis denso cara o borde brillante de NGC 3199.