Categorías
Uncategorized

STEVE sobre Cooper Harbor

Crédito da imaxe e Copyright: MaryBeth Kiczenski

Explicación: que crea os STEVEs? Os STEVE (Strong Thermal Emission Velocity Enhacements) foron vistos probablemente dende a antiguedade, pero só dende fai 5 anos sabemos realmente que as súas cores e formas diferéncianos das auroras. Vistos como unha soa raia brillante de tons rosas e violetas, a orixe dos STEVE aínda é obxecto de investigación. Os STEVEs poderían estar relacionados co que se coñece como dispersións iónicas subaurorais (Subauroral ion drifts, SAIDs polas súas siglas en inglés), ríos supersónicos de ións atmosféricos quentes. Por razóns aínda descoñecidas, os STEVEs veñen frecuentemente acompañados por auroras verdes raiadas. A imaxe amosada é unha combinación de dúas exposicións do fondo e do primeiro plano feitas consecutivamente a mediados de marzo dende Copper Harbor, Michigan, Estados Unidos. Este brillante STEVE durou varios minutos espallándose de horizonte a horizonte e apareceu entre auroras comúns.