Categorías
Uncategorized

Estación Espacial, Prominecias e o Sol

Crédito da imaxe e Copyright: Mehmet Ergün

Explicación: o da imaxe non é unha mancha solar. Trátase da Estación Espacial Internacional (EEI) capturada pasando por diante do Sol. As manchas solares teñen unha zona central máis escura chamada umbra e unha zona máis clara ao redor chamada penumbra, e non teñen cápsulas Dragón unidas a elas. Por outro lado, a EEI é un complexo enxeño mecánico, a maior e máis complexa nave espacial creada pola humanidade. Tamén, mentres que as manchas solares móvense ao redor do Sol, a EEI orbita a Terra. Este tránsito da EEI por diante do Sol non é tan pouco habitual xa que orbita á Terra cada 90 minutos, pero conseguir a localización, sincronización e equipo perfectos para conseguir esta gran imaxe si que é raro. A imaxe amosada combina tres imaxes, todas elas capturadas dende a mesma ubicación e prácticamente ao mesmo tempo. Unha imaxe, sobreexposta, capturou as febles protuberancias visibles por riba do Sol. A segunda imaxe, subexposta, capturou a complexa estructura da cromosfera solar. Mentres que a terceira foto, a máis complicada de obter, capturou a estación espacial durante o seu paso por diante do Sol durante unha fracción de segundo. Unha vista máis en detalle da silueta da estación amosa a cápsula Crew Dragon atracada.