Categorías
Uncategorized

Apollo 11: Terra, Lúa, Nave Espacial

Créditos da imaxe: NASAApollo 11Restauración – Toby Ord

Explicación: Despois da viaxe máis famosa dos tempos modernos, era hora de regresar á casa. Despois de demostrar que a humanidade ten a abilidade de ir máis aló dos confíns do planeta Terra, os primeiros humanos en camiñar noutro mundo — Neil Armstrong e Buzz Aldrin — voaron a etapa de descenso do seu Módulo Lunar de volta para atoparse con Michael Collins no Módulo de Mando e Servizo en órbita lunar. Fotografada aquí o 21 de Xullo de 1969 e restaurada dixitalmente fai pouco, a nave espacial ascendendo foi captada por Collins facendo a súa aproximación, coa Lúa en baixo, e a Terra ó lonxe. A área lisa e escura sobre a superficie lunar é Mare Smythii localizada xusto baixo o ecuador no extremo oriental da cara máis próxima da Lúa. Dise desta icónica imaxe que tódalas persoas menos unha estaban diante da cámara.