Categorías
Uncategorized

Nubes da Nebulosa Carina

Créditos da imaxe e Copyright: John Ebersole

Explicación: Qué formas se esconden nas brétemas da Nebulosa Carina? As escuras e omnimiosas figuras son realmente nubes moleculares, nós de gas molecular e po tan densos que voltaron opacos. Non obstante, en comparación, estas nubes son moito menos densas que a atmósfera da Terra. Destácase aquí unha imaxe detallada do núcleo da Nebulosa Carina, unha parte na que tanto as escuras e coloridas nubes de gas e po son particularmente prominentes. A imaxe capturouse a mediados de 2016 dende o Observatorio Siding Spring en Australia. Aínda que a nebulosa está predominantemente composta de gas hidróxeno — aquí coloreado en verde — asignáronselle á imaxe cores para que a luz emitida polas cantidades de trazas de xofre e osíxeno aparezan en vermello e azul respectivamente. A Nebulosa Carina completa, catalogada como NGC 3372, espállase máis de 300 anos luz e atópase a uns 7.500 anos luz na constelación de Carina. Eta Carinae, a estrela máis enerxética na nebulosa, foi unha das estrelas máis brillantes no ceo na década de 1830, pero despois esvaeceuse drásticamente.