Categorías
Uncategorized

Nebulosa do Veo: chiscos dunha estrela que estoupou

Créditos da imaxe: ESA/Hubble e NASAZ. Levay

Explicación: Brotes coma este son todo o que queda visible dunha estrela da Vía Láctea. Fai uns 7.000 anos esa estrela estoupou nunha supernova deixando a Nebulosa do Veo. Nese intre, a nube expansiva foi probablemente tan brillante coma unha Lúa crecente, permanecendo visible durante semanas para as persoas que vivían nos albores da historia rexistrada. Hoxe, o resultado remantente da supernova, tamén coñecido como o Bucle de Cygnus, esvaeceuse e agora é visible só a través de pequenos telescopios dirixidos cara a constelación do Cisne (Cygnus). A resultante Nebulosa do Veo é físicamente enorme, e non obstante, a pesares de atoparse a uns 1.400 anos luz de distancia, cobre unhas cinco veces o tamaño da Lúa Chea. A imaxe destacada é un mosaico de seis imaxes xuntas do Telescopio Espacial Hubble que cubren un lapso de só uns 2 anos luz, unha pequena parte do remanente expansivo da supernova. Nas imaxes completas da Nebulosa do Veo, aínda os lectores estudiosos podrían non ser quen de identicar os filamentos destacados.

Categorías
Uncategorized

Dentro, a través e máis aló dos anéis de Saturno

Créditos da imaxet: Equipa de Imaxes CassiniISSJPLESANASA

Explicación: Catro lúas son visibles na imaxe destacada — podes atopalas todas? A primeira — e a máis lonxana no fondo da imaxe — é Titan, a lúa máis grande de Saturno e unha das lúas máis grandes no Sistema Solar. A característica escura a través da parte superior deste mundo perpetuamente toldado é a campá polar norte. A seguinte lúa máis evidente é a brillante Dione, visible no primeiro plano, chea de cráteres e grandes cantís de xeo. Sobresaen á esquerda varios dos extensos anéis de Saturno, incluído o anel A de Saturno, destacando a escura división Encke. No extremo dereito, xusto fora dos aneis, atópase Pandora, unha lúa de só 80 quilómetros de diámetro que axuda a guiar ó anel F de Saturno. A cuarta lúa? Se miras con atención dentro dos anéis de Saturno, na División Encke, atoparás unha mota que é realmente Pan. Aínda que é unha das lúas máis pequenas de Saturno, con 35 quilómetros de diámetro, Pan é suficiente masiva para axudar a manter a división Encke relativamente libre de partículas do anel. Despois de máis dunha década de exploración e descubrimentos, a sonda Cassini quedou sen combustible no ano 2017 e dirixiuse para entrar na atmosfera de Saturno, onde seguramente se fundiu.

Categorías
Uncategorized

Ingenuity no Sol 39

Créditos da imaxe: NASA / JPL-Caltech / MSSS

Explicación: O helicóptero Mars Ingenuity, coas súas catro patas de aterraxe baixadas, capturouse aquí no sol 39 (30 de marzo) colgado baixo a panza do rover Perseverance. A vista a ras de chan é un mosaico de imaxes tomadas pola cámara WATSON do brazo robótico SHERLOC do rover. Preto do centro da imaxe o helicóptero experimental atópase suspendido xusto uns pucos centímetros por riba da superficie marciana. As pegadas do Perseverance exténdense máis alá das rodas do rover co bordo do cráter Jezero visible a uns 2 quilómetros de distancia. Ingenuity ten unha masa of 1,8 quilogramos ou 4 libras. Isto corresponde a un peso de 1,5 libras en Marte. Coas palas do rotor extendéndose 1,2 metros, tentará facer o primeiro vo con motor dunha aeronave noutro planeta na fina atmósfera marciana, dun 1% de densidade que a da Terra, non antes do sol 48 (8 de abril)

Categorías
Uncategorized

NGC 3521: unha Galaxia nunha burbulla

Créditos da imaxe e copyrightAdquisición – Eric BensonProcesado – Dietmar Hager

Explicación: A maravillosa galaxia espiral está a só 35 millóns de anos luz de distancia, cara a constelación de Leo. Relativamente brillante no ceo do plantea Terra, NGC 3521 é fácilmente visible con pequenos telescopios pero frecuentemente pasada por alto polos astrónomos afeccionados en favor doutras das galaxias espiráis de Leo, como M66 e M65. Non obstante, é difícil de pasar por alto neste retrato cósmico cheo de color. Espallándose uns 500.000 anos luz, a galaxia amosa os sus característicos brazos espirales irregulares entrelazados con po, rexións de formación de estrelas rosáceas e cúmulos de xóvenes estrelas azuis. De xeito notable esta imaxe profunda tamén amosa NGC 3521 incrustada en xigantescas cunchas con forma de burbulla. Estas cunchas son probablemente restos de mareas, fluxos de estrelas arrincados de galaxias satélites que sufriron fusións con NGC 3521 nun pasado lonxano.

Categorías
Uncategorized

A Roomba de Marte solicita unha extensión de cable

Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechServizo de Limpeza de Marte

Explicación: No ano 2018, Insight, o módulo de aterraxe da nave desplegou a primeira aspiradora autónoma sobre Marte. O seu obxetivo era limpar todo o po marciano, eliminando a regular ocorrencia de tormentas de po ó longo de todo o planeta e a necesidade de varrer o po dos paneis solares que proporcionan enerxía ós módulos de aterraxe e os rovers marcianos. A primeira hora de hoxe, 1 de abril, Insight contactou cos controladores da NASA para informar que a aspiradora chegou ó final do seu cable de extensión e parou as operacións de limpeza sobre a superficie. Desafortunadamente, aínda queda moito po no planeta vermello. Pero o helicóptero Mars Ingenuity quizáis sexa quen de voar cun cable de sustitución máis longo dende o lugar de aterraxe do rover Perseverance. Feliz día dos inocentes (April fools day) de parte da xente do APOD, cun pouco de axuda do SEIS, o Experimento Sísmico para a Estructura Interior, a bordo do Insight, tomando o pulso de Marte.