Categorías
Uncategorized

Nebulosa Planetaria Mz3: a Nebulosa da Formiga

Créditos da imaxe: R. Sahai (JPL) et al., Equipa do Hubble HeritageESANASA

Explicación: Por qué este formiga non é unha gran esfera? A nebulosa planetaria Mz3 está sendo expulsada por unha estrela similar ó noso Sol que é, de certo, redonda. Entón, por qué o gas que se está a expelir nun fluxo crea unha nebulosa con forma de formiga que claramente non é redondeada? As pistas poderían incluir a alta velocidade de 1.000 quilómetros por segundo do gas expelido, os anos ano-luz de lonxitude da estrutura, e o magnetismo da estrela aquí destacada no centro da nebulosa. Unha posible resposta é que Mz3 está a ocultar unha segunda e máis feble estrela que orbita preto da brillante estrela. Unha hipótese alteranativa mantén que a o propio xiro e o campo magnético da propia estrela central están canalizando o gas. Posto que a estrela central semella ser similar ó noso propio Sol, os astrónomos ansían que o incremento do coñecemento da historia desta formiga xigante espacial poida proporcionar unha visión últil sobre probable futuro do noso propio Sol e da Terra.

Categorías
Uncategorized

Raio e estela do lanzamento da Crew-2 de SpaceX

Créditos do vídeo e Copyright: Eric Holland

Explicación: Qué está a acontecer no ceo? O ceo antes raialo Sol semellaba relativamente sereno onte pola mañá sobre Indian Harbor Beach en FloridaUSA. Pero entón iluminouse co lanzamento dun foguete. Xusto cara o Norte, a misión SpaceX Crew-2 da NASA lanzouse ó espacio a bordo do poderoso foguete Falcon 9. O video timelapse destacado — comprimindo 12 minutos en 8 segundos — amosa a brillante estela do lanzamento comenzando no extremo esquerdo. O foguete elévase nunha atmosfera cada vez máis fina, provocando que a súa estela se espalle xusto cando é iluminada polo Sol nacente. A medida que a cápsula Crew-2 desaparece sobre o horizonte, pode verse a estela do aterraxe da primeira etapa retornable do Falcon 9 descendendo cara a barcaza de SpaceX no océano Atlantico. Arriba no espacio, espérase que a cápsula da tripulación do Endeavour se acople esta mañá coa Estacíón Espacial Internacional (ISS), levando a catro astronautas. Os astronautas da Crew-2 engadiranse á Expedición 65 para axudar a realizar, entre outras tarefas, probas de medicamentos usando chips de tecido — pequenos chips de microfluidos que simulan órganos humanos — que funcionan rápidamente na microgravidade da ISS.

Categorías
Uncategorized

Voando sobre a Terra á noite II

Créditos do video: NASAGateway to Astronaut PhotographyISS Expedition 53Música: The Low Seas (The 126ers)

Explicación: Gravado durante o ano 2017, as secuencias do timelapse dende a Estación Espacial Internacional, recopílanse neste sereo vídeo do planeta Terra pola Noite. Os afeccionados á órbita baixa da Terra poden comezar a disfrutar a vista verde e vermella da aurora boreal que cobren o ceo. A escea nocturna percorre dende o noroeste ata o sueste de Norteamérica, a través do Golfo de México e a costa de Florida. A segunda secuencia segue as luces das cidades europeas, cruza o Mar Mediterráneo e pasa sobre o brillante río Nilo no norte de África. vista dende o posto orbital, lóstegros erráticos aparecen en tormentas baixas e as estrelas elévanse a través do horizonte curvo do planeta a través dun feble resplandor atmosférico. Por suposto, dende casa sempre se poden comprobar os signos vitáis do Planeta Terra agora.

Categorías
Uncategorized

O planeta Terra no solpor

Créditos da imaxe: ISS Expedition 2 CrewGateway to Astronaut Photography of EarthNASA

Explicación: non existe unha fronteira abrupta entre o paso do día á noite nesta fermosa vista do océano e as nubes sobre o planeta Terra. Polo contrario, a liña de sombra ou terminador é difuso e amosa unha transición gradual cara a escuridade que coñecemos como solpor. Co Sol iluminando a escena dende a dereita, as nubes superiores reflexan suavemente a luz avermellada filtrada a través da poenta troposfera, a capa inferior da atmosfera terrestre. Unha clara capa situada a alta altitude, visible ao longo do borde superior do lado diurno, difunde a luz solar azul que se difumina no negror do espazo. Esta foto tomouse en xuño de 2001 dende a Estación Espacial Internacional orbitando a unha altitude de 420 quilómetros. Máis aínda pódense observar os signos vitais do planeta Terra.

Categorías
Uncategorized

Os campos magnéticos curvados de Centaurus A

Créditos da imaxe: Óptico: Observatorio Europeo Austral (ESO) Wide Field Imager; Submilimétrico: Instituto Max Planck para a Radioastronomia/ESO/Atacama Pathfinder Experiment (APEX)/A.Weiss et al; Raios X e Infravermello: NASA/Chandra/R. Kraft; JPL-Caltech/J. Keene; Texto: Joan Schmelz (USRA)

Explicación; Cando as galaxias colisionan… que lle acontede aos seus campos magnéticos? Para averigualo a NASA apuntou SOFIA, un telescopio montado sobre un Boeing 747, cara a galaxia veciña Centaurus A para observar a emisión do po polarizado que actúa como trazador dos campos magnéticos. A forma inusual de Centaurus A resulta da colisión de dúas galaxias con chorros alimentados polo gas que cae no buraco negro supermasivo central. Na imaxe resultante amosada, as liñas de campo derivadas da observación de SOFIA superpóñense ás imaxes de ESO (luz visible: branco), APEX (submilimétrico: laranxa), Chandra (raios X: azul) e Spitzer (infravermello: vermello). Atopouse que os campos magnéticos son paralelos ás liñas de po nas zonas exteriores da galaxia pero distorsionadas no centro. As forzas gravitacionais preto do buraco negro aceleran os ións e amplifican o campo magnético. En resumo, a colisión non só combina as masas das galaxias, se non que tamén amplifica os seus campos magnéticos. Estes resultados proporcionan unha nova visión sobre como os campos magnéticos evolucionaron no universo primitivo cando as fusións eran máis habituais.