Categorías
Uncategorized

Apolo 17: A Terra crecente

Crédito da Imaxe: Apollo 17NASARestauración – Toby Ord

Explicación: o noso planeta amosa a súa curvatura iluminado polo Sol contra o fondo negro do espazo nesta espectacular fotografía. Dende unha perspectiva pouco familiar, a Terra é pequena e como se fose unha imaxe feita co telescopio dun distante planeta, todo o horizonte é captado no campo de visión. Dende órbita baixa terrestre son posibles vistas moito máis cercanas, como as que desfrutan as tripulacións da Estación Espacial Internacional. Na EEI, orbitando o planeta cada 90 minutos, un espectáculo de nubes, océanos e continentes deslízanse baixo eles co arco parcial que delimita o planeta na distancia. Pero esta imaxe restaurada dixitalmente presenta unha vista que só foi acadada por 24 humanos, os astronautas do programa Apolo que viaxaron á Lúa e volveron entre 1968 e 1972. A fotografía orixinal, AS-17-152-23420, foi tomada durante o camiño de volta a casa da tripulación do Apolo 17, o 17 de decembro de 1972. Por agora esta é a derradeira fotografía da Terra dende esta perspectiva planetaria feita por mans humanas.