Categorías
Uncategorized

A Estrela do Norte: Polaris e o po arredor

Crédito da imaxe e Copyright: Bray Falls

Explicación: por que Polaris é coñecida como a Estrela do Norte ou Estrela Polar? En primeiro lugar, Polaris é a estrela brillante máis próxima ao eixo de rotación da Terra cara o norte. Polo tanto, mentres a Terra xira o resto de estrelas parecen xirar entorno a Polaris, pero a propia Polaris permanece sempre na mesma posición ao norte, convertíndoa polo tanto na Estrela do Norte. Como non hai ningunha estrela brillante cara o eixo sur de rotación da Terra, non hai na actualidade ningunha Estrela do Sur. Fai miles de anos, o eixo de rotación da estrela apuntaba lixeiramente noutra dirección de xeito que Vega era a Estrela do Norte. Aínda que Polaris non é a estrela más brillante do ceo, é fácilmente localizable xa que está prácticamente aliñada con dúas estrelas do Setestrelo. Polaris atópase preto do centro desta imaxe de campo amplo de case oito graos cadrados. Esta imaxe foi manipulada dixitalmente para eliminar o brillo das estrelas do redor pero acentuando o brillo do feble gas e po da Nebulosa de Fluxo Integrado (IFN). A superficie da Cefeida Polaris cambia o seu brillo lentamente cun período de varios días.