Categorías
Uncategorized

Animación: un buraco negro destruíndo unha estrela

Crédito da animación:  DESYScience Communication Lab

Explicación: que acontece se unha estrela achégase moito a un buraco negro? O buraco negro pode destruíla, pero como? O pulo gravitatorio non é en si mesmo o problema, se non a diferencia do pulo gravitacional ao longo da estrela o que causa a súa destrución. Na animación amósase esta desintegración. Ao principio, a estrela achégase ao buraco negro e a medida que aumenta a súa velocidade orbital a atmosfera externa da estrela é arrincada durante o máximo achegamento. A maior parte da atmosfera da estrela dispérsase polo espazo, pero continúa a orbitar o buraco negro formando un disco de material ao redor del. A animación lévanos despois ata este disco de material mentres miramos cara o buraco negro. Na animación inclúense os estraños efectos visuais causados pola lente gravitacional e incluso é posible ver a parte do disco de material que está ao outro lado do buraco negro. Finalmente, a vista amósanos os chorros que son expulsados ao longo do eixo de rotación. Os modelos teóricos indican que os chorros non so expelen gas enerxético, se non que tamén xeran neutrinos de alta enerxía, algún dos cales poderían ter sido vistos recentemente na Terra.