Categorías
Uncategorized

O triplete de Sagitario

Crédito da imaxe e Copyright:Gabriel Rodrigues Santos

Explicación: Estas tres brillantes nebulosas protagonizan a cotío moitos dos percorridos astronómicos co telescopio pola constelación de Saxitario, na poboda rexión central da Vía Láctea. De feito no século XVIII o turista cósmico Charles Messier catalogou duas delas: M8, unha gran nebulosa abaixo xusto no centro e a colorida M20 xusto na enriba da imaxe. A terceira rexión de emisiòn está formada por NGC 6559, á esquerda de M8, e separada da gran nebulosa por unha liña de po. Os tres viveiros estelares atópanse a uns 5 000 anos luz. M8 abrangue uns 100 anos luz de tamaño e é coñecida como a Nebulosa da Lagoa, mentres que o nome popular de M20 é a Nebulosa Trífida. O brillo vermello é debido principalmente ao hidróxeno que domina as nebulosas de emisión. Sen embargo, os reflexos azulados da Trífida débense ao po que reflexa a luz estelar. Esta ampla vista interestelar abrangue 4 graos no ceo, o equivalente a 8 lúas cheas.