Categorías
Uncategorized

O planeta Terra no solpor

Créditos da imaxe: ISS Expedition 2 CrewGateway to Astronaut Photography of EarthNASA

Explicación: non existe unha fronteira abrupta entre o paso do día á noite nesta fermosa vista do océano e as nubes sobre o planeta Terra. Polo contrario, a liña de sombra ou terminador é difuso e amosa unha transición gradual cara a escuridade que coñecemos como solpor. Co Sol iluminando a escena dende a dereita, as nubes superiores reflexan suavemente a luz avermellada filtrada a través da poenta troposfera, a capa inferior da atmosfera terrestre. Unha clara capa situada a alta altitude, visible ao longo do borde superior do lado diurno, difunde a luz solar azul que se difumina no negror do espazo. Esta foto tomouse en xuño de 2001 dende a Estación Espacial Internacional orbitando a unha altitude de 420 quilómetros. Máis aínda pódense observar os signos vitais do planeta Terra.