Categorías
Uncategorized

Os campos magnéticos curvados de Centaurus A

Créditos da imaxe: Óptico: Observatorio Europeo Austral (ESO) Wide Field Imager; Submilimétrico: Instituto Max Planck para a Radioastronomia/ESO/Atacama Pathfinder Experiment (APEX)/A.Weiss et al; Raios X e Infravermello: NASA/Chandra/R. Kraft; JPL-Caltech/J. Keene; Texto: Joan Schmelz (USRA)

Explicación; Cando as galaxias colisionan… que lle acontede aos seus campos magnéticos? Para averigualo a NASA apuntou SOFIA, un telescopio montado sobre un Boeing 747, cara a galaxia veciña Centaurus A para observar a emisión do po polarizado que actúa como trazador dos campos magnéticos. A forma inusual de Centaurus A resulta da colisión de dúas galaxias con chorros alimentados polo gas que cae no buraco negro supermasivo central. Na imaxe resultante amosada, as liñas de campo derivadas da observación de SOFIA superpóñense ás imaxes de ESO (luz visible: branco), APEX (submilimétrico: laranxa), Chandra (raios X: azul) e Spitzer (infravermello: vermello). Atopouse que os campos magnéticos son paralelos ás liñas de po nas zonas exteriores da galaxia pero distorsionadas no centro. As forzas gravitacionais preto do buraco negro aceleran os ións e amplifican o campo magnético. En resumo, a colisión non só combina as masas das galaxias, se non que tamén amplifica os seus campos magnéticos. Estes resultados proporcionan unha nova visión sobre como os campos magnéticos evolucionaron no universo primitivo cando as fusións eran máis habituais.