Categorías
Uncategorized

Ingenuity: primeiro voo en Marte

Crédito do video: NASAJPL-CaltechASUMSSS

Explicación: Cal é a mellor maneira de explorar Marte? Quizás non haxa unha única mellor maneira, pero o método recentemente demostrado resulta moi prometedor: voar. O voo propulsado promete explorar inmensas rexións e estudar áreas particularmente interesantes para unha investigación máis detallada. Onte, por primeira vez, realizouse a demostración dun voo propulsado en Marte por un pequeno helicóptero chamado Ingenuity (Enxeño). No video, Ingenuity é retratado polo rover Perseverance pousado sobre a superficie de Marte. Despois duns segundos, os longos rótores de Ingenuity comezan a xirar e nuns segundos, Ingenuity fai historia despegando e manténdose sobre a superficie durante uns poucos segundos ata aterrar de novo con seguridade. Durante os próximos meses están planificados máis ensaios das capacidades sen precedentes de Ingenuity. O voo pode axudar á humanidade a explorar non só Marte, pero tamén Titán, a lúa de Saturno nas próximas décadas.