Categorías
Uncategorized

O cento galáctico en infravermellos

Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechSpitzer Space TelescopeSusan Stolovy (SSC/Caltech) et al.; Reprocesado: Judy Schmidt

Explicación: Cómo se ve o centro da nosa galaxia? En luz visible o Centro da Vía Láctea está oculto por nubes de po e gas que o oscurecen. Pero nesta impresionamente vista, as cámaras infravermellas do Telescopio Espacial Spitzer, penetran gran parte do po, revelando as estrelas da abarrotada rexión do centro galáctico. Un mosaico de moitas imaxes mais pequenas, a imaxe destacada , amosa en falsa cor as estrelas mais vellas e frías en tonos azulados. As nubes de po vermellas e marróns están asociadas con estrelas mais xévenes e quentes das garderías estelares. O mesmo centro da Vía Láctea recentemente atopouse ser quen de formar novas estrelas. O centro galáctico atópase a uns 26.700 anos luz de distancia, cara a constelación do Seteiro. A esa distancia, esta imaxe abarca uns 900 anos luz.