Categorías
Uncategorized

Arco da vella sobre as Azores

Créditos da imaxe e Copyright: Miguel Claro (TWAN); Anotación: Judy Schmidt

Explicación: Por qué o ceo brillaría coma un arco da vella xigante que se repite? Airglow (resplandor do aire). Agora o aire brilla todo o tempo, pero normalmente é difícil de ver. No tanto, unha perturbación — coma una tormenta acercándose — pode causar ondulacións perceptibles na atmósfera da Terra. Estas ondas gravitacionais son oscilacións no aire similares ás creadas cando se lanza unha rocha en auga calma. A longa exposición case ó longo das paredes verticáis ddo airglow probablemente fixo a estructura ondulante especialmente visible. De acordo, pero onde se orixinan as cores? O resplandor vermello escuro probablemente se orixine a partires de moléculas OH a preto de 87 quilómetros de altitude, excitadas pola luz ultravioleta do Sol. O resplandor laranxa e verdoso está probablemente causado polos átomos de sodio e osíxeno que se atopan lixeraimente máis elevados. A imaxe destacada capturouse durante a escensión ó Monte Pico nas Azores, en Portugal. As luces do sólo orixínanse na illa de Faial no Océano Atlántico. Un ceo espectácular é visible a través desde resplandor en bandas, coa banda central da nosa Galaxia Vía Láctea percorrendo o centro da imaxe, e M31, a Galaxia de Andrómeda, visible preto da parte superior esquerda.