Categorías
Uncategorized

Dentro na Nebulosa da Flama

Créditos da imaxe: NASAJPL-CaltechIPAC Infrared Science Archive – Procesado: Amal Biju

Explicación: A Nebulosa da Flama destaca nas imaxes ópticas das polvoirentas e aborrotadas rexións de formación de estrelas cara o cinturón de Orión e a estrela máis o leste do cinturón, Alnitak, a só 1.400 anos luz de distancia. Alnitak é a estrela máis brillante no extremo dereito desta imaxe infravermella do Telescopio Espacial Spitze. A uns 15 anos luz de distancia, a vista infravermella lévanos ó interior do gas brillante da nebulosa e ás nubes de po que a oscurecen. Revela moitas estrelas do cúmulo NGC 2024, de recente formación, concentradas preto do centro. As estrelas de NGC 2024 teñen entre 200.000 e 1.5 millóns de anos. De feito, os datos indican que as estrelas mais xoves están concentradas preto do centro do cúmulo da Nebulosa da Flama. Esto é o contrario dos modelos máis simples de formacion de estrelas para unha gardería estelar que predicen que formación de estrelas comeza no centro máis denso do núcleo da nube molecular. O resultado require un modelo máis complexo para a formación de estrelas dentro da Nebulosa da Flama.