Categorías
Uncategorized

O mundo dobremente deformado dos buracos negros binarios

Créditos da Visualización Científica: NASAGoddard Space Flight Center, Jeremy Schnittman and Brian P. Powell – Texto: Francis Reddy

Explicación: Os raios de luz dos discos de acreción que rodean a un par de buracos negros supermasivos orbitándose fanse camiño a través do espazo-tempo deformado producido pola gravidade extrema neste fabulosa visualización por ordenador. A os discos de acreción simulados deuselles diferentes esquemas de falsa cor, vermello para o disco que rodea o buraco negro cunha masa de 200 millóns de Soles e azul para o disco que rodea o buraco negro de 100 millóns de soles. Isto fai máis sinxelo o seguimento das fontes de luz, pero a escolla tamén reflicte a realidade. O gas máis quente emite unha luz máis cercana ó azul do fin do espectro e o material que orbita arredor dos buracos negros máis pequenos experimenta efectos gravitacionais máis fortes que producen temperaturas máis altas. Con todo, para estas masas, ambos discos de acreción, deberían realmente emitir a maioría das súas luces en ultravioleta. As imaxes secundarias distorsionadas do buraco negro azul, que amosan a vista do buraco negro vermello do seu compañeiro, poden atoparse dentro da lea do disco vermello deformado pola gravidade do buraco negro azul en primeiro plano. Posto que estamos a ver a vista do vermello sobre o azul ó mesmo tempo que vemos a azul directamente, as imaxes permítennos ver ambos lados do azul ó mesmo tempo. A luz vermella e azul orixinadas en ámbolos dous buracos negros poden verse no anel de luz máis interno, chamado anel de fotóns, preto do seu horizonte de eventos. Os astrónomos esperan nun futuro non moi lonxano ser quen de detectar as ondas gravitacionais, ondulacións no espacio-tempo, que se producen cando dous buracos negros supermasivos nun sistema moi semellante o que representa nesta simulación por ordenador, orbítanse en espiral e se fusionan.