Categorías
Uncategorized

A onda de choque da supernova da Nebulosa do lapis

Crédito da imaxe e Copyright: Greg Turgeon e Utkarsh Mishra

Explicación: esta onda de choque de supernova avanza a través do espacio interestelar a un 500 000 quilómetros por hora. Preto do centro e movéndose cara arriba nesta nítida composición en cor, os brillantes, finos e trenzados filamentos son en realidade longos rizos sobre unha lámina cósmica de gas brillante. Catalogada como NGC 2736, a súa apariencia elongada suxire o seu nome popular, a Nebulosa do Lapis. A Nebulosa do Lapis só abrangue uns 5 anos luz a atópase a uns 800 anos luz de distancia, pero representa só unha pequena parte do remanente de supernova Vela. O propio remanente Vela abrangue uns 100 anos luz de diámetro, unha nube de cascallos provintes dunha estrela que estoupou fai uns 11 000 anos. Inicialmente, a onda de choque movíase a millóns de quilómetros por hora pero ralentizouse considerablemente barrendo o material interestelar de arredor. Na imaxe de banda estreita e campo amplo amosada, as cores vermellas e azuis trazan principalmente os brillos característicos dos átomos de hidróxeno e osíxeno ionizados.