Categorías
Uncategorized

A oscilación confirmada do muón segue sen explicación

Crédito da imaxe: Fermi National Accelerator LaboratoryFotografía: Reidar Hahn

Explicación: canto de rápido oscilan as particulas elementais? Unha sorprendente resposta a esta aparentemente inocente pregunta atopouse no Brookhaven National Laboratory en Nova York, EUA en 2001 e indicou que o Modelo Estándar da Física de Partículas adoptado amplamente podería estar incompleto. En particular, a oscilación do muón, unha partícula semellante a un electrón pesado, estudouse moi detidamente nunha serie de experimentos coñecidos coma g-2 (gue menos dous). Os resultados de Brookhaven impulsaron a outros experimentos por todo o mundo para confirmalo e presionou aos físicos teóricos para comprendelo mellor. A semana pasada informouse que o experimento con maior sensibilidade sobre a oscilación do muón xamáis realizado, levado a cabo no Fermi National Accelerator Laboratory (Fermilab) en Illinois amosado nesta imaxe, concorda co resultado de Brookhaven. A inesperada velocidade de oscilación pode indicar a presencia continuada dun mar de partículas virtuais non coñecidas. Alternativamente, pode indicar que existe un problema nas complexas prediccións dos cálculos teóricos. Experimentos futuros no Fermilab g-2 incrementarán a precisión da medida e posiblemente a diferencia estadística entre o universo que medimos e o universo que entendemos.

Categorías
Uncategorized

Alnitak e a Nebulosa da Flama

Créditos da Imaxe e Copyright: Equipo ARO

Explicación: Qué ilumina a Nebulosa da Flama? A mil cincocentos anos luz de distancia, cara a constelación de Orion atópase a nebulosa que, dende o seu brillo e as súas escuras liñas de po, semella, á esquerda, un lume ondulante. Pero lume, a rápida adquisición de osíxeno, non é o que fai que esta lapa brille. Ademáis da brillante estrela Alnitak, a estrela máis ó leste no Cinto de Orión visible no extremo esquerdo, brilla con luzenerxética hacia a chama que expele os electróns das grandes nubes de gas hidróxeno que alí se atopan. Gran parte do brillo prodúcese cando os electróns e o hidróxeno ionizado se recombinan. A imaxe destacada da nebulosa da Flama (NGC 2024) tomouse a través de tres bandas de cor visible con detalles engadidos por longa exposición realizada a partires da luz emitida únicamente polo hidróxeno. A nebulosa da Flama é parte do Complexo da Nube Molecular de Orión, unha rexión de formación de estrelas que inclúe á famosa Nebulosa da Cabeza do Cabalo.