Categorías
Uncategorized

Cando colisionan os buracos negros

Crédito do video e Copyright: Simulating Extreme Spacetimes Collaboration

Explicación: Qué acontence cuando colisionan dous buracos negros? Este escenario extremo acontence no centro de moitas galaxias en fusión e sistemas estelares múltiples. O video destacado amosa unha animación por ordenador das etapas fináis deste tipo de fusión, mentres se resaltan os efectos de lente gravitacional que deberían aparecer no fondo do campo de estrelas. As rexións negras indican o evento de horizontes do dúo dinámico, mentres que o anel circundante de estrelas de fondo cambiantes indica a posición do seu anel de Einstein combinado. Tódalas estrelas do fondo non só teñen imaxes visibles fora deste anel de Einstein, senón que tamén teñen unha o mais images compañeiras visibles no interior. Ó fin, os dous buracos negrofusiónanse. Agora coñécese que as etapas fináis desta fusión producen unha forte ráfaga de radiación gravitacional, proporcionando unha nova forma de ver o noso universo.