Categorías
Uncategorized

Noite zodiacal

Créditos da imaxe e CopyrightJean-Francois Graffand

Explicación: Unha intensa banda de luz zodiacal está capturada neste sereno paisaxe montañoso nocturno do 7 de abril. A vista panorámica foi grabada despois de tres horas de escalada dende unha posición ventaxosa mirando cara o oeste despois do solpor a través dos Pirineos no sur de Francia. A 2.838 metros de altitude, o Monte Valier é o pico máis alto preto do centro. No ceo, as familiares estrelas de Orion e a Vía Láctea do inverno boreal aproxímanse ó escarpado horizonte ó oeste. No ombreiro de Orion, Betelgeuse é unha das tres brillantes e amarelentos faros celestes. Forma un triángulo con súa compañeira estrela xigante vermella Aldebaran situada debaixo e á dereita de Betelgeuse, e o planeta vermello Marte. Marte brilla xusto baixo a banda da Vía Láctea, todavía inmersa na brillante luz zodiacal.