Categorías
Uncategorized

Mesier 106

Créditos da Imaxe: NASAHubble Legacy ArchiveKitt Peak National Observatory;
Datos afeccionado e dereitos do procesado: Robert Gendler

Explicación: Preto da Osa Maior (Ursa Major) e arrodeado polas estrelas dos Cans de Caza (Canes Venatici), esta maravilla celeste foi descuberta en 1781 polo métrico astrónomo francés Pierre Mechain. Máis tarde, foi engadida ó catálogo do seu amigo e colega Charles Messier como M106. As modernas vistas telescópicas profundas revelan que é un universo insular – unha galaxia espiral duns 30 mil anos luz de diámetro localizada a só 21 millons de anos luz máis aló das galaxias da Vía Láctea. Xunto cun brillante núcleo central, este impresionante retrato galáctico, unha composición de datos de imaxes de telescopios de afeccionados e profesionais, destacan cúmulos de xoves estrelas azuís e garderías estelares vermellas trazando os brazos espiráis da galaxia. Tamén amosa notables chorros vermellos de gas hidróxeno brillante. Ademáis da pequena galaxia compañeira da parte inferior dereita, pódense atopar galaxias no fondo esparexidas por todo o marco. M106, tamén coñecida como NGC 4258, é un exemplo próximo da clase de galaxias activas de Seyfert, vista a través do espectro dende ondas de radio ata raios X. As galaxias activas son alimentadas pola materia que cae no masivo buraco negro central.