Categorías
Uncategorized

Ingenuity en 3D

Crédito da imaxe: NASAJPL-CaltechMSSSASU

Explicación: A camara estereo multicor Mastcam-Z do rover Perseverance fixo este primeiro plano en 3D (emprega os teus lentes vermellos e azuis) do helicóptero marciano Ingenuity o 5 de abril no Sol 45 da misión. Tan só faltan uns poucos soles para que o demostrador tecnolóxico Ingenuity tente o seu voo na feble atmosfera marciana, realizando o primeiro voo propulsado da historia noutro planeta. O histórico voo de proba está planificado para non antes do domingo 11 de abril. Proxectando a súa sombra na superficie, Ingenuity apóiase nas catro patas de aterraxe próximas ás pegadas das rodas do rover. O panel solar do helicóptero experimental recargará as súas baterías para mantelo quente durante as xélidas noites marcianas e impulsará o seu voo accionando os seus dous rótores contrarrotantes de 1.2 metros de lonxitude.