Categorías
Uncategorized

A nebulosa da Medusa

Créditos da imaxe e Copyright: Josep Drudis

Explicación: Os filamentos trenzados e serpenteantes de gas brillante suxiren o nome popular desta nebulosa, a Nebulosa da Medusa. Tamén coñecida como Abell 21, esta Medusa é unha vella nebulosa planetaria a uns 1.500 anos de distancia na constelación dos Xemelgos. Coma no seu homónimo mitolóxico, a nebulosa asóciase cunha transformación dramática. A fase da nebulosa planetaria representa a etapa final da evolución das estrelas de baixa masa coma o sol, que se transforman a sí mesmas dende xigantes vermellas ata estrelas enanas brancas quentes que no proceso encollen as súas capas externas. A radiación ultravioleta da estrela quente alimenta o resplandor da nebulosa. A estrela transformadora da Medusa é a más feble que se olla preto do centro da forma de media lúa brillante. Nesta vista telescópica do ceo profundo, os filamentos máis febles exténdse claramente por riba e á dereita da rexión da lúa crecente brillante. Estímase que a Nebulosa da Medusa ten máis de 4 anos luz de diámetro.

Categorías
Uncategorized

Curiosity: Sol 3048

Crédito da imaxe: NASA/JPL-Caltech – ProcesadoElisabetta Bonora e Marco Faccin / aliveuniverse.today

Explicación: antes que Perseverance estaba Curiosity. De feito, o rover Curiosity realizou a primeira manobra de aterraxe con grúa voadora en Marte o 5 de abril de 2012. O 2 de marzo de 2021 Curiosity cumpriu o seu día marciano 3048 operando na superficie do Planeta Vermello. Esta vista panorámica de 360 graos do sol 3048 é un mosaico composto por 149 imaxes da cámara Mastcam colocada sobre a plataforma de Curiosity. Inclúe 23 imaxes das febles, xeadas e altas nubes á deriva atravesando o ceo marciano. As imaxes do ceo anubado capturáronse ao longo do día marciano e incluíronse dixitalmente na vista panorámica. Preto do centro atópase o estratificado Mont Mercou. O pico central do Monte Sharp, ao fondo á esquerda, elévase 5 quilómetros sobre so chan do Cráter Gale.

Categorías
Uncategorized

Auroras e lóstregos en Xúpiter

Crédito da imaxe: NASAJPL-CaltechSwRITexto: Natalia Lewandowska

Explicación: Por que a maioría dos lóstregos de Xúpiter acontecen preto dos seus polos? De modo semellante á Terra, Xúpiter experimenta auroras e lóstregos. Aínda que diferentes aos da Terra, os lóstregos de Xupiter normalmente acontencen preto dos seus polos, mentras que na Terra acontencen preto do ecuador. Para axudar a entender esta diferencia a sonda espacial da NASA Juno, actualmente en órbita ao redor de Xúpiter, observou numerosas auroras e lóstregos. A imaxe amosada tomouse coa cámara da Unidade de Referencia Estelar de Juno o 24 de maio de 2018 e amosa unha aurora oval ao norte de Xúpiter e moitos puntos brillantes e raios. O hipnótico evento amósase á dereita da imaxe e correspóndese cun lóstrego de Xúpiter ollada nunha das tomas máis cercanas das auroras e os lóstregos de Xúpiter nunca feitas. Na Terra, que está moito máis preto do Sol que Xúpiter, a luz solar brilla o suficiente para crear por si soa máis quecemento da atmosfera no ecuador que nos polos, provocando turbulencia, tormentas e lóstregos. Pola contra, en Xúpiter o quecemento atmosférico provén principalmente do seu interior (un remanente da súa formación), esto leva á hipótese de que a luz solar no ecuador máis intensa reduce as diferencias de temperatura entre as capas altas da atmosfera, e polo tanto reducindo as tormentas ecuatoriais.

Categorías
Uncategorized

Marte sobre o círculo de pedra de Duddo

Crédito da imaxe e Copyright: Ged Kivlehan

Explicación: que fan aquí estas grandes pedras? Un dos máis famosos círculos de pedra son as Cinco Pedras de Duddo en Northumberland, Inglaterra. Pousadas nun claro na cima dunha pendente, unha pequena excursión a través de campos baleiros levarate ante estas inhabituais pedras do tamaño dunha persoa, moi distintas a calquera de arredor. As erosionadas superficies dos brandos arenitos son consistentes con que se pousaran aquí fai unos 4 000 anos, máis as razóns de por que se fixo son descoñecidas. A imaxe amosada é unha composición de dúas imaxes sucesivas tomadas dende a mesma posición o pasado outubro baixo un ceo estrelado cando a Terra pasaba preto de Marte, facendo ao planeta vermello extraordinariamente grande e brillante. Marte aínda é visible no solpor, ainda que achegarase ao horizonte durante os próximos meses.

Categorías
Uncategorized

Desde Auriga ata Orión

Créditos da imaxe e copyrightAlistair Symon

Explicación: Que hai no ceo desde Auriga ata Orión? Moitas das famosas estrelas e nebulosas desta rexión foron capturadas en 34 imaxes separadas, con máis de 430 horas de exposición, e combinadas dixitalmente para revelar esta imaxe. Comezando no extremo superior esquerdo, cara á constelación de Auriga (o condutor do carro), atópase a pintoresca nebulosa da Estrela Chameante (IC 405). Continuando cara abaixo ao longo do brillante arco da nosa galaxia Vía Láctea, de esquerda a dereita cruzando as constelacións dos Xemelgos e do Toro, as nebulosas que aparecen de forma notable inclúen as nebulosas do Cágado, Simeis 147, Cabeza de Mono, Medusa, Cono e Roseta. No cuadrante superior dereito da imaxe, cara á constelación de Orión (o cazador), pódese ver Sh2-264, o semicírculo do bucle de Barnard, e as nebulosas Cabeza de Cabalo e Orión. Entre as estrelas famosas de Orión e os seus arredores atópanse, de esquerda a dereita, a laranxa Betelgeuse (xusto á dereita do centro da imaxe), a azul Bellatrix (xusto enriba), as estrelas do cinto de Orión, Mintaka, Alnilam e Alnitak, mentres que a brillante Rigel aparece no extremo superior dereito. Esta franxa de ceo non permanecerá moito tempo na noite, xa que se poñerá continuamente máis temperán a medida que se achegue a metade do ano.