Categorías
Uncategorized

O buraco negro central de M87 en luz polarizada

Crédito da imaxe: Event Horizon TelescopeCollaborationTexto: Jayanne English (U. Manitoba)

Explanation: tal como dixo Carl Sagan: “se queres que os buracos negros emitan chorros, primeiro necesitas campos magnéticos”. A imaxe amosada representa a detección da dirección do espín intrínseco (polarización) das ondas de radio. A polarización prodúcese polo intenso campo magnético que rodea o buraco negro super masivo do centro da galaxia espiral M87. As ondas de radio detectáronse polo Telescopio do Horizonte de Sucesos (Event Horizon Telescope, EHT) que combina datos de radiotelescopios distribuídos por todo o mundo. A estructura da polarización, cartografiada empregando liñas de fluxo xeneradas por ordenador amósanse superpostas á famosa imaxe do EHT do buraco negro, publicada en 2019. O campo magnético completo en 3D é máis complexo. As análises preliminares, amosan que porcións do campo rotan ao redor do buraco negro xunto co disco de material, como se esperaba. Sen embargo, a outra compoñente do campo vira verticalmente cara fora do buraco negro. Esta compoñente podería explicar como a materia resístese a caer dentro e é lanzada no chorro de M87.