Categorías
Uncategorized

A nebulosa da Medusa

Créditos da imaxe e Copyright: Josep Drudis

Explicación: Os filamentos trenzados e serpenteantes de gas brillante suxiren o nome popular desta nebulosa, a Nebulosa da Medusa. Tamén coñecida como Abell 21, esta Medusa é unha vella nebulosa planetaria a uns 1.500 anos de distancia na constelación dos Xemelgos. Coma no seu homónimo mitolóxico, a nebulosa asóciase cunha transformación dramática. A fase da nebulosa planetaria representa a etapa final da evolución das estrelas de baixa masa coma o sol, que se transforman a sí mesmas dende xigantes vermellas ata estrelas enanas brancas quentes que no proceso encollen as súas capas externas. A radiación ultravioleta da estrela quente alimenta o resplandor da nebulosa. A estrela transformadora da Medusa é a más feble que se olla preto do centro da forma de media lúa brillante. Nesta vista telescópica do ceo profundo, os filamentos máis febles exténdse claramente por riba e á dereita da rexión da lúa crecente brillante. Estímase que a Nebulosa da Medusa ten máis de 4 anos luz de diámetro.