Categorías
Uncategorized

Curiosity: Sol 3048

Crédito da imaxe: NASA/JPL-Caltech – ProcesadoElisabetta Bonora e Marco Faccin / aliveuniverse.today

Explicación: antes que Perseverance estaba Curiosity. De feito, o rover Curiosity realizou a primeira manobra de aterraxe con grúa voadora en Marte o 5 de abril de 2012. O 2 de marzo de 2021 Curiosity cumpriu o seu día marciano 3048 operando na superficie do Planeta Vermello. Esta vista panorámica de 360 graos do sol 3048 é un mosaico composto por 149 imaxes da cámara Mastcam colocada sobre a plataforma de Curiosity. Inclúe 23 imaxes das febles, xeadas e altas nubes á deriva atravesando o ceo marciano. As imaxes do ceo anubado capturáronse ao longo do día marciano e incluíronse dixitalmente na vista panorámica. Preto do centro atópase o estratificado Mont Mercou. O pico central do Monte Sharp, ao fondo á esquerda, elévase 5 quilómetros sobre so chan do Cráter Gale.