Categorías
Uncategorized

Auroras e lóstregos en Xúpiter

Crédito da imaxe: NASAJPL-CaltechSwRITexto: Natalia Lewandowska

Explicación: Por que a maioría dos lóstregos de Xúpiter acontecen preto dos seus polos? De modo semellante á Terra, Xúpiter experimenta auroras e lóstregos. Aínda que diferentes aos da Terra, os lóstregos de Xupiter normalmente acontencen preto dos seus polos, mentras que na Terra acontencen preto do ecuador. Para axudar a entender esta diferencia a sonda espacial da NASA Juno, actualmente en órbita ao redor de Xúpiter, observou numerosas auroras e lóstregos. A imaxe amosada tomouse coa cámara da Unidade de Referencia Estelar de Juno o 24 de maio de 2018 e amosa unha aurora oval ao norte de Xúpiter e moitos puntos brillantes e raios. O hipnótico evento amósase á dereita da imaxe e correspóndese cun lóstrego de Xúpiter ollada nunha das tomas máis cercanas das auroras e os lóstregos de Xúpiter nunca feitas. Na Terra, que está moito máis preto do Sol que Xúpiter, a luz solar brilla o suficiente para crear por si soa máis quecemento da atmosfera no ecuador que nos polos, provocando turbulencia, tormentas e lóstregos. Pola contra, en Xúpiter o quecemento atmosférico provén principalmente do seu interior (un remanente da súa formación), esto leva á hipótese de que a luz solar no ecuador máis intensa reduce as diferencias de temperatura entre as capas altas da atmosfera, e polo tanto reducindo as tormentas ecuatoriais.