Categorías
Uncategorized

O mecanismo de Anticitera

Créditos da imaxe e LicenciaMarsyasWikipedia

Explicación: Ninguén sabía que fai 2.000 anos, existise a tecnoloxía para construir un dispositivo así. O mecanismo de Anticitera, na imaxe, é agora considerado coma o primeiro ordenador. Atopado no fondo do mar a bordo dun barco da decadencia de Grecia, a súa complexidade deu lugar a décadas de estudo, e incluso hoxe en día algunha das súas funcións probablemente aínda sexa descoñecida. Así e todo, imaxes en Raios X do dispositivo, confirmaron que unha das principais funcións das súas numerosas rodas e engranaxes similares ás dos reloxos era crear un oratorio celeste, portátil e centrado na Terra que predice a ubicación futura das estrelas e os planetas así como eclipses solares e lunares. O núcleo corroído do engranaxe máis grande do mecanismo de Anticitera que se destaca, ocupa uns 13 centímetros, mentres que o mecanismo enteiro ten 33 centímetros de alto, sendo similar en tamaño a un libro grande. Recentemente, un moderno modelado por ordenador dos compoñentes faltantes está a permitir a creación dunha réplica máis completa desta sorprendente máquina antiga.